ACTA FUNDACIONAL Y ESTATUTOS AMEGA


ACTA DE CONSTITUCIÓN DE LA ASOCIACIÓN DE MEDIACIÓN DE GALICIA (AMEGA)

En Pontevedra o día 29 de novembro de 2011, ás 12:00 horas, con asistencia dos Socios/as promotores desta Asociación que ó marxe se relacionan, todos/as eles maiores de idade e con plena capacidade de obrar, dá comezo a presente Asamblea Fundacional, ca orde do día seguinte:

1.        Constituir a Asociación de Mediación de Galicia (AMEGA).
2.        Aprobación dos estatutos desta asociación.
3.        Elección da Xunta Directiva.
4.        Fixar o importe das cuotas.
Dase lectura ós estatutos que son aprobados por unanimidade, decidindo constituirse a Asociación.
Procédese a continuación á elección da Xunta Directiva, sendo elexidos:

PRESIDENCIA: D. Jose Antonio Méndez Novoa.
VICEPRESIDENCIA: Dna. Ana Mª Barreiro Barros.
SECRETARÍA: Dna. Irma Pazó Iglesias.
TESOURERÍA: Dna. Ilda Mera Oitavén.
VOGALÍA 1: Raquel Enríquez Fernández
VOGALÍA 2: Yolanda Cobo Pacios.
VOGALÍA 3: Yolanda Díaz Resco.

Acórdase por unanimidade establecer unha cuota de ingreso de 50€ e unha cuota anual de 30€ por socio.
Vista a orde do día, as 13:30 h. levántase a sesión.
En proba de conformidade, asinan os presentes.

ESTATUTOS

CAPÍTULO I. DENOMINACIÓN, ENDEREZO, AMBITO DE ACTUACIÓN E DURACIÓN.

Artigo 1.- Denominación.
1.       Coa denominación de ASOCIACIÓN DE MEDIACIÓN DE GALICIA (AMEGA) constitúese esta entidade ó amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.
2.       A asociación rexirase polos presentes Estatutos e no non previsto por eles, farao pola lexislación en vigor referente á materia.
Artigo 2.- Enderezo.
A asociación establece o seu domicilio social na R/ Revolta, nº11; Matamá, na localidade de Vigo, provincia de Pontevedra, C.P. 36213
Artigo 3.- Ambito e duración.
O ámbito de actuación no que vai desenvolver principalmente as súas actividades é todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta asociación constitúese por tempo indefinido.

CAPÍTULO II. FINS E ACTIVIDADES.

Artigo 4.- Fins
A existencia desta asociación ten como fins os seguintes:
·         Divulgar e promocionar a mediación así como a investigación e estudos deste ámbito.
·         Promover a utilización da mediación como medio apropiado de resolución dos conflictos.
·         Manter as relación oportunas coa Administración competente en materia de mediación, Universidades, outras asociacións e demais autoridades.
·         Ofrecer apoio e asesoramento ós seus asociados para o mellor desarrollo da súa actividade.
·         Representar ós asociados e defender os seus dereitos ante os distintos organismos oficiais.
·         Organizar y/o participar en conferencias, coloquios, cursos e demais formación na materia.

Artigo 5.- Actividades.
Para o comprimento destes fins levaranse a cabo as seguintes actividades:
·         Intervención no ámbito da mediación: mediar en situacións.
·         Desarrollo do exercicio da mediación.
·         Desempeñar as función de mediación das distintas áreas.
·         Asesoramento a institucións.
·         Formación, investigación e difusión nas distintas áreas (familiar, escolar, sociocomunitario, xudicial, entre outras).

CAPÍTULO III. ORGANOS DIRECTIVOS.

                Artigo 6.- A Asamblea Xeral.
1.       É o órgano supremo e está constituída pola totalidade dos membros da Asociación.
2.       Reunirase con carácter ordinario unha vez ó ano dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercicio e con carácter extraordinario cando sexa convocada pola Xunta Directiva, xa sexa a iniciativa propia ou por solicitalo unha décima parte dos asociados. Dita solicitude deberá facerse por escrito.
3.       A convocatoria da Asamblea, na que ha de constar a orde do día, farase con quince días de antelación a súa celebración e debe incluir o lugar, día e hora da reunión.
4.       Son facultades da Asamblea Xeral:
·         Aprobar a xestión da Xunta Directiva.
·         Aprobar o orzamento e a memoria anual.
·         Examinar e aprobar o estado de contas.
·         Fixar a cuota dos socios.
·         Aprobar, modificar ou rechazar as propostas da Xunta Directiva.
·         Elexir ou cesar ós membros da Xunta Directiva.
·         Modificar os Estatutos.
·         Dispoñer, gravar ou enaxenar os bens da Asociación.
·         Expulsar os/as socios/as a proposta da Xunta Directiva.
·         Integrarse ou separarse de federacións.
5.       Nas Asambleas os acordos adoptaranse por maioría simple dos presentes, non sendo computables a estos efectos os votos en branco nin as abstencións.
6.       Será necesario maioría cualificada das persoas presentes para:
·         Nomeamento das Xuntas Directivas.
·         Acordo para constituir unha Federación de asociacións ou integrarse nelas.
·         Disposición ou enaxenación de bens integrantes do inmovilizado.
·         Modificacións de Estatutos.
·         Disolución da entidade.
A Asamblea considerarase válidamente constituída sempre que asistan a metade máis un dos socios/as, en primeira convocatoria, ou con calqueira número na segunda convocatoria. O prazo que mediará entre ambas convocatorias será de media hora.
7.       As votacións serán públicas, salvo para o caso de elección da nova Xunta Directiva que será secreta.
8.       De todas as Asambleas levantarase acta.
Artigo 7.- A Xunta Directiva.
1.       É o órgano executivo da Asociación e componse de: unha Presidencia, unha Vicepresidencia, unha Secretaría, unha Tesourería e 3 Vogalías.
2.       A Xunta exercerá o seu mandato durante dous anos, poidendo ser os seus compoñentes reelexidos. As vacanates poderán ser cubertas provisionalmente pola Xunta Directiva e ratificadas, no seu caso, pola Asamblea.
3.       A elección dos membros da Xunta levarase a cabo na Asamblea Ordinaria correspondente ó ano en que deba ser realizada a renovación.
4.       Os cargos da Xunta Directiva serán gratuítos, sen perxuizo das dietas e gastos que se ocasionen no exercicio das súas función.
5.       A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente/a ou a petición dalgún dos seus membros. En todo caso a Xunta reunirase ó menos unha vez ó ano para preparar o orzamento anual e convocar a Asamblea Xeral Ordinaria. Constituirase válidamente coa presenza da maioría dos seus membros. A presencia do Presidente/a e do Secretario/a será inexcusable. Os acordos tomaranse por maioría simple.
6.       Estes poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.
7.       Corresponde a Xunta Directiva:
·         Executar as directrices e os acordos aprobados pola Asamblea.
·         Preparar tódolos asuntos que haxan de ser presentados á Asamblea para a súa discusión e votación.
·         Tomar decisión entre Asambleas.
·         Promover os fins da Asociación.
·         Xestionar a Asociación.
·         Convocar as Asambleas e fixar a orde do día das mesmas.
·         Exercer o resto de facultades que veñan recoñecidas polos presentes Estatutos e pola lei.
8.       Son funcións do Presidente/a:
·         Representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados ou en calquera situación e ante quen se requira.
·         Convocar, presidir e levantar as sesión que celebre a Asamblea Xeral e as da Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións de unha e outra.
·         Autorizar coa súa sinatura os documentos, actas e correspondencia, así como os pagos e cobros.
·         Cando as situación o requiran poderá adoptar decisión de carácter urxente, dando conta inmediatamente á Xunta Directiva.
·         Dar o Visto Bo ás actas das reunión e as certificación que se libren.
9.       O Vicepresidente/a sustituirá ó Presidente/a en ausencia deste, motivada por enfermidade ou calqueira outra causa, e terá as mesmas atribucións que el.
10.   O Secretario/a terá a cargo a dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación, expedirá certificacións, levará os libros da Asociación que sexan legalmente establecidos e o ficheiro de asociados, e custodiará a documentación da entidade, facendo que se cursen ás comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscribibles ós Rexistros correspondentes, así como a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente correspondan.
11.   O Tesoureiro/a efectuará os pagos e cobros que correspondan avalados coa sinatura do Presidente/a e levará ó día a contabilidade da Asociación.
12.   Os Vogais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegacións ou comisión de traballo que a propia Xunta lles encomende.
13.   As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calqueira dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral Extraordinaria.

CAPÍTULO IV.  SOCIOS.

Artigo 8.- Adquisición da condición de socio/a.
Poderán ser socios/as os/as dipromados/as e licenciados/as que teñan o título universitario de Especialista en Mediación Familiar recoñeciodo pola Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, así como todos aqueles especialistas que a Asociación admita.
Artigo 9.- Clases de socios.
1.       Socios fundadores, que serán aqueles que participen no acto de constitución da Asociación.
2.       Socios de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación.
3.       Socios de honor, os que polo seu prestixio ou por ter contribuído de modo relevante á dignificación e desarrollo da Asociación, fáganse acreedores a tal distinción. O nomeamento dos socios de honor corresponderá á Asamblea Xeral a proposta da Xunta Directiva.
Artigo 10.- Baixa como socio.
Os socios causarán baixa por alguna das seguintes causas:
1.       Por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva.
2.       Por incumprimento das obrigas económicas se deixara de satisfacer 3 cuotas periódicas.
3.       Pola realización de actos contrarios o espíritu da Asociación, por calqueira causa que atente contra os presentes Estatutos ou por conductas públicas ou privadas que menoscaben ós fins ou o prestixio da Asociación. Nestes casos o asociado/a será obxecto do correspondente expediente disciplinario por parte da Xunda Directiva na que sempre se oirá ó interesado/a.
Artigo 11.- Dereitos dos socios.
Os socios/as de número e fundadores terán os seguintes dereitos:
1.       Disfrutar dos servizos e actividades que organice a Asociación e participar en cantos actos organice.
2.       Disfrutar de tódalas ventaxas e beneficios que da Asociación poida obter.
3.       Participar con voz e voto nas Asambleas Xerais.
4.       Acceder ós cargos directivos da Asociación.
5.       Estar informados/as das actividades da Asociación.
6.       Estar informados/as da situación económica e patrimonial da Asociación.
7.       Renunciar a súa condición de socio/a en calqueira momento e por calqueira razón, notificando por escrito a súa decisión á Xunta Directiva.
8.       Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.
Artigo 12.- Deberes dos socios/as.
Os socios fundadores e de número terán os seguintes deberes:
1.       Observar o cumprimento dos presentes Estatutos, así como os acordos tomados pola Asamblea e a Xunta Directiva.
2.       Coñecer, apoiar e difundir os obxectivos e fins da Asociación.
3.       Satisfacer as cuotas establecidas.
4.       Asistir as Asambleas Xerais.
5.       Contribuir ó bo nome e prestixio da Asociación.
6.       Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ó cargo que ocupen.
Artigo 13.- Socios honoríficos.
Os socios de honor terán os mesmos dereitos a excepción dos que figuran nos apartados 3 e 4 do artigo 11. Así mesmo terán as mesmas obrigas a excepción das prevista nos apartados 3 e 6 do artigo 12.

CAPÍTULO V. PATRIMONIO E RECURSOS ECONÓMICOS.

Artigo14.- Patrimonio.
O patrimonio fundacional da Asociación é de 1261€.
Artigo15.- Recursos.
Os recursos económicos previstos paro o desrrollo dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
1.       A cuotas dos socios/as.
2.       As subvencións, donacións, legados ou herdanzas que puidera recibir de forma legal por parte dos asociados ou de terceiras persoas.
3.       Calqueira outro recurso lícito vinculado á mediación.
Artigo16.- O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano.

CAPÍTULO VI. DISOLUCIÓN E MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS.

Artigo 17.- Disolución.
A Asociación poderá ser disolta por votación de dous tercios dos socios/as en Asamblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto e por as razón establecidas na Lei.
Artigo 18.- En caso de disolución nomearase unha comisión liquidadora a cal, unha vez extinguidas as débedas, e se existisen sobrante líquido o destinará para fins que non desvirtúen a súa natureza non lucrativa (concretamente a outras asociacións de mediación).
Artigo 19.- Modificación.
1.       A modificación dos presentes Estatutos, corresponde á Asamblea Xeral Extraordinaria adoptándose o acordó por maioría absoluta e sempre que estén presentes máis da metade dos socios/as.
2.       As modificacións que se realicen comunicaranse ó Rexistro correspondente.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

En todo canto non esté previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.







No hay comentarios:

Publicar un comentario